Sunday 28 de April de 2024

No Centro Sociocultural do Graxal a Compañía Talía Teatro representa, Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán


O vindeiro 11 de xuño ás 20.00h, no Centro Sociocultural do Graxal a Compañía Talía Teatro representa, Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can).Trátase dunha obra ambientada na Italia do século XVIII, adaptada para o público familiar, preferentemente entre os 6 e os 11 anos. As invitacións estarán dispoñibles nas bibliotecas municipais, Casa da Cultura e Museo de Cambre a partir do luns 6 de xuño